Formación gratuíta na Eurocidade de Verín
XESTIÓN DE ASOCIACIÓNS
Tódolos inscritos no curso contarán con aloxamento e almorzo, e ademais recibirán un diploma acreditativo
A Eurocidade Chaves-Verín acollerá o vindeiro 30 de novembro, en horario de 10,30 a 19,30 horas, unha formación en Xestión de Asociacións, organizada pola Federação Nacional das Associações Juvenis no marco do proxecto Eurocidade 2030.
Este curso está dirixido principalmente a xente nova que ostenten cargos como dirixentes ou xerentes dalgún órgano dentro de asociacións e federacións de mozos, voluntarios e técnicos de xuventude.
A formación, que ademais proporcionará aloxamento, almorzo e un certificado acreditativo a tódolos participantes, ten por obxectivos principais identificar o concepto de asociacionismo xuvenil e a súa vinculación co sector terciario.
Ademais tamén impartirá prácticas de xestión financieira, contabilidade y fiscalidade de nivel básico.
Ademais da coordinación da Eurocidade, o curso conta coa colaboración do Instituto Português do Desporto e Juventude, a dirección xeral de Xuventude da Xunta e a Fundación Galicia Europa.
Inscricións
A asistencia é gratuíta pero cómpre inscribirse. Para facelo e obter máis información hai que chamar ao 988 416 017
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último