Ernesto "Tito" Rodríguez: "O futuro da comarca de Monterrei pasa pola viticultura e polo enoturismo"
ENTREVISTA
Ernesto Rodríguez (Verín, 1966) y su hermana, Asución Rodríguez, vienen de lanzar una nueva marca de vino: Reitoral de Monaguillo
Ernesto Rodríguez, máis coñecido como Tito, e Asunción Rodríguez (a súa irmá) son os propietarios da bodega Crego e Monaguillo. A finais de xuño presentaron a súa nova marca, Reitoral de Monaguillo, en Vilamaior, lugar que “nace dunha ilusión”.
Que é a Reitoral de Vilamaior?
É un espazo que coñecía de fai moito tempo. Despois de botar moitos anos tratando de mercarlle a Reitoral ó Obispado, haberá seis ou sete anos que o logramos. O primeiro que fixemos foi preparar o terreo para plantar viñedos, inicialmente tiña tres hectáreas e agora andamos sobre 10 hectáreas. Despois, no que é a reitoral, a idea inicial era facer unha casa rural, pero finalmente fixen unha casa na que teño pensado vivir, cunha zona apartada para a vida social.
E Reitoral de Monaguillo?
Como todas as ideas nace dunha ilusión. Xa que collemos a reitoral e plantamos viñedos, decidimos facer unha nova marca, Reitoral de Monaguillo. O nome ven da propia reitoral e de min, porque eu era o Monaguillo de Ernesto, co que comezamos este soño. Esta marca é propiedade de Father 1943, que xunto con Viticultura Monterrei son sociedades vinculadas a matriz de todo, Crego e Monaguillo.
Quen é o Father?
Father era Ernesto Atanes (xa falecido), o crego co que comezou a andadura de Crego e Monaguillo no 2002, no 2005 fixemos a primeira gran ampliación e despois fixemos cinco máis. Eu todo o que son débollo a el. O seu pai e o meu eran moi amigos. El a min viume nacer, as familias tivemos unha relación moi estreita sempre.
Por que festexaron a creación desta marca?
Parte do que somos debémosllo ós viticultores e entendiamos que había que agradecerlles o seu traballo. Houbo que limitar o número de invitados, polo que reducimos a cita aos nosos viticultores, distribuidores e amigos persoais, eramos sobre mil persoas.
Ademais trouxeron ás orquestras Panorama e París de Noia…
Si. O das orquestras comezou falando coa xente de aquí, entón seguimos para adiante. Cheguei a un pobo novo, onde me acolleron cos brazos abertos, foi unha forma de agradecemento. Ademais, hai moitos lugares onde poñer viñedos, pero ademais de que esta zona é espectacular, non en todos os sitios te reciben igual, e aquí foi extraordinario.
Cantas hectáreas de viñedo ten?
Na actualidade, Crego e Monaguillo xestiona unhas 100 hectáreas, entre propias e alugadas, en toda a Denominación de Orixe.
E cara onde camiñará?
Eu teño claro que nos próximos anos, o futuro da comarca de Monterrei pasa polo campo, e especialmente polo viñedo. Hai outra fonte por explotar, o enoturismo. Pero para iso hai que crer. Xunto coas augas, hai un potencial brutal, pero ten que haber aposta ben combinada público e privada. A festa que fixen eu foi unha forma de facer enoturismo, é unha promoción. Iso é aportar, na miña opinión. Cando traes a alguén a túa casa e os tratas ben dá resultados, e cando digo a miña casa, pode estenderse a toda a comarca.
Unha lección deste tempo?
Na vida debes ser fiel e humilde.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
EVENTO PARA PROFESIONALES
San Sebastián, un nuevo escaparate para mostrar los vinos de la D.O. Monterrei
REFUERZA SU PRESENCIA
Mallorca, nuevo escaparate para los vinos de 22 bodegas de la D.O. Monterrei
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
CRUCE DE DECLARACIONES
Giorgia Meloni lanza un mensaje a Donald Trump: “Ni yo ni Italia suplicamos jamás”