O GDR Monteval contará con 664.000 euros para financiar proxectos no rural
AXUDAS "LEADER"
O GDR Monteval vén de anunciar a publicación das axudas do programa "Leader" para financiar propostas para o medio rural, que contan con 664.000 euros de financiamento
O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR-9) Monteval, conformado por tódolos concellos da comarca de Monterrei máis A Gudiña e A Mezquita, contará cun total de 664.191,96 euros nas anualidades 2025-2026 da nova convocatoria de axudas do programa Leader da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), o GDR que xestionará unha maior cantidade dos 24 de toda Galicia.
Este importe irá dirixido integramente a proxectos no rural de terceiros, tanto produtivos coma non produtivos, privados e públicos. O 65% do montante que se destinará a produtivos está dirixido a empresas e autónomos que busquen coas súas propostas abrir negocios, xerar riqueza no territorio, crear emprego, asentar poboación ou consolidar iniciativas xa creadas.
Dende a publicación da convocatoria, o pasado mércores, agora ábrese un periodo dun mes para a presentación de solicitudes. Segundo a xerente do GDR-9, Ana Pardo, espera que haxa propostas referidas ao “turismo rural, ampliacións de residencias da terceira idade, coworking e coliving, produtos ecolóxicos ou iniciativas de comunidades de montes”.
Pardo recalca a tódolos interesados que non sexan escollidos desta vez que, tras varios anos de prórrogas, despois desta convocatoria virán outras seguro “tanto no 2026 como en 2027”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último