INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
Los nuevos alcaldes de la provincia de Ourense
Gerardo Seoane volveu a soster o bastón de mando, por terceira lexislatura consecutiva, o pasado 17 de xuño. Gobernará a vila do Támega outros catro anos da man do BNG. Así, o bipartito socialista e nacionalista continuará traballando “para os veciños”.
Como acolleu os resultados?
Ben, baixamos algúns votos pero tamén votou moita menos xente. Seguimos coa mesma idea que tivemos estes oito anos, que é precisamente o que valora a xente, a continuidade deste bipartito, en máis dun 60%. Continuaremos cos nosos proxectos para mellorar a vida dos nosos veciños.
Que cre que valora a cidadanía?
Os resultados que se están vendo. Nós temos un proxecto que todo o mundo entende, facendo unha inversión moi grande que ronda os 20 millóns de euros nos últimos oito anos. A transformación da vila é xa case evidente.
Como se reparten as áreas do grupo de goberno?
Similar aos anos pasados. Hai algunha cara nova, Samanta, pero os cambios son mínimos. Haberá cambio na concellería de Persoal e Facenda . O trato co BNG é bo, nunca tivemos problemas e sempre chegamos a bo entendemento. Os resultados están aí.
A oposición vén renovada. Como esperan que sexa o trato?
De entrada o trato xa é mellor. É de valorar que na sesión de investidura eles optaran por non votarse a si mesmos para o goberno. Iso, para min, ofrece unha postura de diálogo. Benvidos sexan.
Cales son os obxectivos?
O gran obxectivo é a xeración de oportunidades de traballo e que xa está en marcha. O xeriátrico de Caldeliñas comezará en breve e ofertará 40 ou 50 postos de traballo, no próximo mes tamén se rematará o “papeleo” para o pequeno parque de Queizás que será como un centro comercial, e no Plan Xeral hay un polígono industrial de índole agroalimentario e outro xeral, o que dará posibilidades de asentar emprego. Tamén traballamos nunha futura planta embotelladora en Caldeliñas. Máis alá do emprego continuaremos co noso proxecto de humanización e mobilidade da vila.
Como está o PXOM?
Aprobado inicialmente. A cidade ten unha estrutura e non se da cambiado, tratamos de optimizala algo máis, buscar máis zonas verdes… A circulación é outro aspecto a resolver, tamén algo de equipamentos como o das piscinas ou o pavillón de deportes. Fáltanos a gardería, que é unha das prioridades que se executará cando teñamos o Plan Xeral aprobado.
A oposición era moi crítica co tema da débeda.
Nós temos a mesma débeda que herdamos. Eles podían pagalo e nós tamén. Unha inversión que fas é para que a desfrute máis dunha xeración. Nós non aumentamos a débeda, iso é mentira, empregamos o que imos amortizando si o volvemos a pedir, porque nós non temos axudas nin de Xunta nin de Deputación. Hai dúas opcións: ter cartilla, que non serve para nada, ou invertelo, que é o que decidimos facer. Vinte millóns de euros, algo que nunca antes o Concello fixo.
Nas axudas das Administracións, Verín está ao marxe.
Pola política sectaria do Partido Popular. A Deputación en Ourense non actúa como as de A Coruña, Pontevedra ou Lugo, onde dan asignacións directas polos habitantes, o que aquí suporía algo máis dun millón de euros anuais.
Que papel xoga Verín como capital comarcal?
Nós somos unha cidade de servizos, cabeceira de comarca. Todo está aquí. É o noso papel. No aspecto político eu non me meto no que fagan os demais concellos. Se existe unha causa común, como foi o Perte da auga, e podemos ir xuntos aproveitamos, porque a relación é boa. Neste pacto co BNG, estamos valorando a idea de deixar a Mancomunidade, está feita para os concellos pequenos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este domingo, 21 de diciembre, en Ourense
EN CONFIANZA
Carlota Cao, doble premio por su joyería artística
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman