ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
O PSdeG-PSOE vén de anunciar a Gerardo Seoane como candidato á alcaldía de Verín de cara aos comicios electorais do 28 de maio. Seoane Fidalgo busca a súa terceira lexislatura co obxectivo de “seguir desenvolvendo a actividade económica no municipio, un dos eixos fundamentais para o futuro de Verín e a súa comarca”, sinala o actual rexedor verinés.
Os socialistas verineses tratarán de acadar un terceiro mandato para poder continuar avanzando en numerosas frontes: “O noso traballo, que comezamos fai dúas lexislaturas, aínda non está completo e queda moito por facer”, anota Seonae. Para os vindeiros catro anos, o PSOE de Verín quere xerar “novos postos de traballo,a maiores dos que xa se están xerando, que son un total de 140 nestes momentos”, contabiliza o alcalde.
En canto a actividade económica, Gerardo Seoane afirma que “vai ser o punto fundamental no que incidiremos na próxima lexislatura”, destacando que ademais da consecución de postos de traballo se van a sentar “as bases en cuestións principais como son o abastecemento de auga, a eficiencia enerxética, a ordenación do territorio e a formación de persoal”. Respecto a este último obxectivo, será “clave” a implantación “dunha serie de becas sobre a actividade económica do noso concello e que nos permitan formar a profesionais”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
EVENTO PARA PROFESIONALES
San Sebastián, un nuevo escaparate para mostrar los vinos de la D.O. Monterrei
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
CASA DE BAÑOS
La okupación en Ourense que el Concello no ve
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
Ourense cubre sus seis plazas vacantes en la repesca MIR