ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Goretti Diéguez vive en A Coruña, lugar no que atopou o seu traballo e no que ten un proxecto de futuro coa súa parella. Aínda que a súa vida está alí actualmente, aproveita cada época libre para volver á casa: a Verín e a súa aldea, Feces de Abaixo. Asegura que esta vila é o seu fogar, no que se atopa a xente que quere e o que lle trae miles de recordos bonitos da infancia e adolescencia.
Que significado ten para vostede Verín?
Aquí está a miña familia e amigos. Parte da xente que me acompañou durante todos estes anos ata que marchei fora. Verín significa estar cos de sempre e iso sempre o fará un lugar especial para volver.
Que é o que máis lle gusta do rural?
A tranquilidade, non estar rodeada do ruído das cidades. Sen dúbida, iso é o mellor do rural, levantarte e escoitar aos paxaros e non estar escoitando todo o tempo coches, ruídos e presas.
Agora acostumada a vivir en A Coruña, que diferenzas ve con Verín?
Diría que esa parte máis familiar que che dá o rural, en Verín podes ir camiñando e saudando á xente, porque ao final coñecémonos todos. Nas cidades cada un vai ao seu e somos máis individuais.
Aínda que agora a súa vida está fora, imaxínase vivindo en Verín nalgún momento?
Cando me xubile tal vez podería contemplalo, pero polo momento non o penso. A realidade é que en Verín non hai moita oportunidade laboral para a xente moza e volver aquí sería complicado nese aspecto para a miña carreira profesional.
Que recordos garda da infancia e da adolescencia?
Os mellores, nesas idades non hai responsabilidades e todo se leva de outra maneira. Quizá algún deses recordos son as tardes de río xogando as cartas coa miña xente, aos que quero.
Que lugar da comarca lle recomendaría visitar a un turista?
Como lugar, a zona do Castelo de Monterrei e as vistas aos viñedos: son incribles. Por su posto, non pode faltar unha parada no bar Lusco Fusco para comer un pincho de tortilla, nunca falla. E, por suposto, recomendaría vir vivir o Entroido, é algo único, noso e máxico, eu non falto nunca.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Lo último
APUESTA POR LA VITICULTURA
Más de 620.000 euros para el Centro do Viño de Ribadavia
Roberto González
El chantaje migratorio
HISTORIA E TRADICIÓN
As rúas de Celanova revivirán o seu pasado castrexo-romano