ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
TEMPLO PRERROMÁNICO DO SÉCULO IX
A rúa Ermida, o vial que une a estrada de Vences coa igrexa de Santa María de Mixós, no núcleo homónimo da parroquia de Estevesiños, no concello de Monterrei, loce xa un novo firme, grazas a un convenio do goberno local con Turismo de Galicia, que financiou integramente as obras, cun investimento total que ascendeu a 72.000 euros.
Os labores de mellora consistiron nunha nova pavimentación do firme, mediante o emprego de hormigón desactivado, así como co uso de adoquíns para as beiras e da instalación de novos sumidoiros, dada a pronunciada pendente desta rúa.
Esta obra dá resposta á importancia patrimonial que posúe a igrexa prerrománica de Santa María de Mixós, un Monumento Histórico-Artístico e Ben de Interese Cultural, orixinaria do século IX, reconstruída no XV, e que atrae a moitos visitantes ata Mixós.
De feito, este templo que se atopa na Vía da Prata no tramo que une Verín con Laza, é unha das tres xoias patrimoniais e arquitectónicas da localidade, xuntamente co Castelo e coa Atalaia de Monterrei.
O Concello tamén acadou unha liña de subvencións da Xunta, por un importe de 19.000 euros, para a sinalización e mellora do acceso aos recursos turísticos, que se destinaron á sinalización de varias das rutas polo alfoz da vila, dando continuidade a unha serie de rutas interconectadas cos recursos turísticos de Monterrei.
A achega tamén permitiu a instalación dunha varanda ao carón da igresa de Mixós, co obxectivo de evitar accidentes nunha curva pechada con desnivel, e na que no pasado mes de xuño xa volcara un coche.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Lo último