ACCIONES CONJUNTAS
CEO y Aever unen fuerzas en favor de la comarca de Monterrei
Los nuevos alcaldes
José Luis Suárez fíxose coa alcaldía de Monterrei o pasado 28M por terceira vez consecutiva. Logrou a maioría absoluta con sete edís, fronte aos tres de Veciños de Monterrei e un nacionalista.
Como acolleu os resultados?
Valoramos moi positivamente os resultados, porque melloramos resultados e iso é boa sinal, vamos polo bo camiño, estamos facendo ben as cousas e a xente valora a nosa xestión nestes anos. É de agradecer esa confianza que nos deron os veciños, e gobernaremos para todos, para os que nos votaron e para aqueles que non.
Cales son as claves para manter esa maioría?
Eu creo que o máis importante é estar coa xente, coñecer as necesidades reais dos veciños. Por outra banda, os concellos pequenos temos pouca capacidade de diñeiro e penso que é importante buscar noutras administracións diñeiro para poder manter os servizos que prestamos, é algo fundamental.
Hai cambios na corporación?
Vai haber caras novas. Por parte do grupo popular entran dous concelleiros novos ao irse Salvador e Marina, dous grandes concelleiros que botaron moitísimo tempo na corporación.
Como é o trato coa oposición?
Co BNG non hai ningún problema e con Veciños de Monterrei tivemos algunhas diferenzas, pero no meu espírito sempre está falar e dialogar, para chegar a acordos. Eu o problema que vexo con eles é que sempre están vendo un concello en branco e negro e cunha imaxe negativa, é algo que non me gusta.
Que obxectivos se marcan?
O noso gran obxectivo son os maiores, continuar coa atención para eles, pois as necesidades son maiores. Tamén imos continuar coa mellora dos nosos servizos básicos como saneamento, abastecemento e depuración. Por suposto, imos continuar coa recuperación do Castelo de Monterrei, penso que vai ser o que nos dea o impulso definitivo, é algo fundamental.
Como ve a marcha de Baltar?
A Deputación é clave para os concellos. Destaco a labor que fixo Manuel Baltar porque o seu principal obxectivo era apoiar e defender aos concellos pequenos. Esa liña que marcou Baltar ten que seguir na Deputación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIONES CONJUNTAS
CEO y Aever unen fuerzas en favor de la comarca de Monterrei
RELEVO ASEGURADOA
O futuro da comarca de Monterrei desfila o seu enxeño
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
Lo último