A lonxevidade e o envellecemento protagonizan unha charla en Verín
CRUZ VERMELLA
A asemblea da Cruz Vermella en Monterrei organiza este mércores unha conferencia en Verín
A charla da Cruz Vermella tratará sobre envellecemento saudable e lonxevidade, e terá lugar na Casa da Cultura verinesa ás 19,00 horas.
De balde e con entrada libre ata completar aforo, estará impartida por José María Faílde, presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, que coorganiza a charla co apoio do Concello.
Na charla abordaranse cuestións relevantes para un colectivo de atención prioritaria como son os maiores, que cada vez supoñen unha porcentaxe máis elevada da sociedade, tanto na comarca como na provincia.
O envellecemento saudable é o proceso de fomentar e manter a capacidade funcional que permite o benestar en idades avanzadas. Por outra banda, a capacidade funcional consiste en ter os atributos que permiten a tódalas persoas ser e facer o que para elas é importante.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
OURENSE FILM FESTIVAL
“A avó e o amor” indaga en la memoria familiar
La Región
Envases
ECONOMÍA SOSTENIBLE
Xinzo reunirá 20 puestos en su II Mercado Social