ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
O IES García Barbón de Verín convértese nun pequeno museo a través da exposición "Mestras", coa finalidade de reivindicar o espazo das mulleres na Historia da Arte. Unha mostra a que lle deron forma Alba Gómez, profesora da materia, e o seu alumnado.
"O campo da arte foi un espazo do que as mulleres foron borradas e expulsadas practicamente ata a actualidade", explican dende o centro, que poñen como exemplo o manual de Gombrich, "un libro que segue a ser o máis vendido sobre a materia e no que apenas se inclúe o nome dalgunha artista". "Tamén nos propios contidos do exame Abau, onde por primeira vez este ano aparecen sete artistas que naufragan entre os nomes dunha morea de homes", engaden.
Co pensamento de transitar un novo camiño, que debe partir tamén da escola, o alumnado elaborou con agarimo, curiosidade e asombro as audioguías das obras seleccionadas para "Mestras". Abordando ditas audioguías cunha perspectiva crítica onde desmontan clichés como a lectura feminizada das oras ou o constante recurso a xustificación das mesmas a través das biografías destas "mestras". "Queda moito por facer, e é necesario que traballos como este partan dende o ámbito académico e cheguen á sociedade", conclúen dende o centro educativo verinés.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
EVENTO PARA PROFESIONALES
San Sebastián, un nuevo escaparate para mostrar los vinos de la D.O. Monterrei
Lo último
CUATRO COCHES IMPLICADOS
Cinco heridos y un coche a la fuga después de causar el accidente urbano en Santiago de Compostela