ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
INSTALACIONES
O municipio de Monterrei contará cun Centro de Interpretación da imprenta incunable de Galicia para "poñer en valor un feito histórico" como foi que o primeiro libro impreso en Galicia fora impreso en Monterrei, por Gonzalo Rodrigo de la Passera e Xohán de Porres, o 3 de febreiro de 1494, o Missale Auriense, explicou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, na presentación deste proxecto, que tivo lugar onte no antigo hospital da Trindade, en Monterrei, acompañado polo alcalde da vila, José Luís Suárez, e pola historiadora Mónica Rocha.
O presidente da Deputación de Ourense destacou o apoio do goberno provincial a prol de "cuestións que nos son propias e, sobre todo, vencelladas ao mundo da cultura. Por elo, da man do concello de Monterrei e coordinado pola Deputación de Ourense poñeremos en marcha un Centro de Interpretación, unha exposición, onde todos aqueles visitantes que se acheguen a Monterrei teñan a posibilidade de ver en paneis explicativos a historia da imprenta en Monterrei e do Missale Auriense, un espazo onde poderán contemplar tamén a reprodución dunha imprenta Gutenberg, xunto cunha réplica do libro e con música das partituras deste libro", explicou Manuel Baltar.
Este proxecto, que pretende dar visibilidade a un feito histórico, "será un espazo expositivo de referencia que conmemora ese fito, o primeiro libro impreso en Galicia logo da invención da imprenta e que volve a poñer en valor a importancia de Ourense", engadiu o presidente do goberno provincial.
O Centro de interpretación da imprenta incunable de Galicia dará a coñecer "a importancia cultural que no seu tempo tivo a vila de Monterrei e, en particular, a súa condición de sede da primeira imprenta de Galicia", salientou José Luís Suárez.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Lo último
PRIMERA FEB
COB, kilómetro cero
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Aquella entrevista a Jaime Noguerol, periodista adelantado de aquel tiempo
LA SEQUÍA APRIETA EL RURAL
Cortegada estrena cortes de agua nocturnos por la escasez