Música, ocio e gastronomía en Verín polo Día da Xuventude
A cita será este sábado na Praza García Barbón, en horario de 16,00 a 21,00 horas
Verín acolle este sábado, 13 de maio, unhas xornadas cargadas de ocio e diversión para celebrar o Día da Xuventude. A cita celebrarase na Praza García Barbón en horario de 16,00 a 21,00 horas e contará coa actuación musical da verinesa Victoria Pérez ás 20,30 horas. "Trátase dunha iniciativa que incluirá unah ampla programación formativa e de ocio destinada tanto á mocidade como ás súas familias, dado que tamén favorece a conciliación da vida familiar e laboral", explican dende o Concello.
Así, os mozos participantes poderán desfrutar dun amplo abano de actividades gratuítas que inclúen gastronomía saudable con xogos educativos e show cooking con produtos locais e de tempada, lecer educativo con actividades como fútbol burbulla, futbolín humano, slackline e tiro con arco, así como sensibilización medioambiental con talleres dinámicos sobre a protección do medio, o cambio climático ou a reciclaxe. Tamén haberá talleres sobre igualdade de xénero con actividades sobre relacións tóxicas fronte a relacións de bo trato e un taller de graffiti con técnicas de aprendizaxe rápida e mural común. Durante a tarde tamén hai programados obradoiros sobre habilidades para a empregabilidade con dinámicas grupais para a elaboración do currículo ou abordaxe dunha entrevista de traballo, e información xuvenil a través dunha caravana móbil como punto de inforamción de recursos para a mocidade.
Este acto está enmarcado nun novo programa de lecer e educación posto en marcha pola Xunta de Galicia e dirixido aos mozos galegos. Este programa, que conta co financiamento do Ministerio de Igualdade en desenvolvemento do Plan Corresponsables, chegará a 30 concellos de Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
SUBESTACIÓN DEL BARBAÑA
Un elevado “peaje” eléctrico en la Alameda de Ourense
Rafael Torres
Por ser estudiante y mujer
PLAZAS PARA MAYORES
Toén y Ribadavia se adelantan dentro del Plan de Residencias