SALÓN INTERNACIONAL
La feria WineMad recibirá a 17 bodegas de la D.O. Monterrei
A Asociación de música tradicional Candaira naceu en Castrelo do Val no ano 2010, coa finalidade de recuperar e divulgar a música tradicional pola nosa comarca. Moitos foron os logros conseguidos dende ese ano e hoxe, Candaira goza de moi boa saúde e dunha vida moi activa.
Máis alá de participar en numerosos festivais e eventos galegos, a Asociación Candaira, a través de Ramón López, ofrece variadas aulas relacionadas coa música tradicional. O obxectivo é asentar a cultura e tradición galega na comarca e inculcarlla aos mozos, para así lograr a súa supervivencia nos anos.
Tras un verán intenso de actividade, Candaira volve á rutina e xa ten programadas as clases de formación para o curso 2023/2024.
As persoas interesadas en participar nalgunha das aulas que oferta Candaira para este curso, deberán poñerse en contacto coa asociación, antes de que remate o mes, momento no que se espera iniciar as clases.
A vila de Verín acollerá outro ano máis unhas aulas de baile tradicional co artista Artur Puga. As clases realizaranse no Pavillón de Deportes todos os mércores e hai dúas modalidades: iniciación e ampliación. Os interesados en participar deberán inscribirse a través do teléfono 671 91 81 84 ou no correo arturpugaaulas@gmail.com.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SALÓN INTERNACIONAL
La feria WineMad recibirá a 17 bodegas de la D.O. Monterrei
FUTURA VARIEDAD
La D.O. Monterrei trabaja para unirse a los espumosos ourensanos
Lo último
RECORRIENDO OURENSE
Galería | El Rally Ourense de Clásicos y Antiguos celebra su XXX edición
MÁS DE 700 PARTICIPANTES
Galería | Coren celebra a sus empleados en la tercera edición de la Andaina Campeira
GASTRONOMÍA Y MÚSICA
Galería | Valdeorras disfruta con la XXVII Feira do Viño