Agenda | A obra "Morgana en Esmelle" chega a Verín: cando e onde
Agenda cultural
A cita será o vindeiro sábado, 27 de novembro
O Auditorio de Verín acollerá o vindeiro sábado, 27 de novembro, ás 20,00 horas, a representación teatral da obra “Morgana en Esmelle” de Sarabela Teatro. Esta produción é unha adaptación da novela de Begoña Caamaño, xornalista e escritora natural de Vigo que falecía en Santiago de Compostela no ano 2014.
Baixo a dirección de Ángeles Cuña, a obra conta cun reparto actoral de primeiro nivel. Fina Quella, Sabela Gago, Quico Cadaval, Elena Seijo, Nate Borrajo, Fernando Dacosta e Laura Míguez, entre outros, viaxarán a Verín para facer que o público se adentre na historia.
Sinopse
A obra de teatro fala sobre a vida de Morgana. A súa chegada a Esmelle altera a aparente serenidade coa que Merlín vive no bosque deste lugar. A amante de Artur entra na casa Miranda en busca de respostas á súa infelicidade.
En “Morgana en Esmelle”, Begoña Caamaño reflexiona ao redor da responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Ademais, fala sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos. Unha novela que reescribe o mito cunha mirada contemporánea.
As entradas para asistir a esta representación da compañía Sarabela Teatro xa están dispoñibles en www.ataquilla.com, por un prezo de 10 euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último