Obradoiro de recuperación da memoria oral en Verín
MULLERES
Baixo o nome “Lembrábao a máis vella do lugar”, a Biblioteca Municipal de Verín acollerá este venres, de 16,30 a 19,30 horas, a primeira sesión, dun total de tres
Trátase dun obradoiro de escritura que ten por obxectivo recuperar historias e lembrazas de mulleres da contorna e pasalas á escrita para que así poidan perdurar.
Coordinado pola actriz e directora Mariana Carballal, nada en Albarellos, e impartido pola escritora e profesora picheleira Inma López Silva, convídase a participar nel a mulleres de tódalas idades nun “encontro para recuperar a memoria oral das nosas vilas e compartir as súas historias”.
A inscrición, ben sexa na propia Biblioteca ou chamando por teléfono, é obrigatoria, xa que só hai 15 prazas dispoñibles.
Preguntada pola estrutura do obradoiro, Carballal afirma que as usuarias descubrirán “os distintos tipos de literatura feminina, para o que leremos a algunhas autoras galegas. Pero o eixo central é escoitalas a elas e os relatos que teñen que contar”.
Na segunda sesión, pediráselle ás participantes que “escriban o seu relato vital, calquera que sexa, pola súa conta ou pedindo axuda a unha neta ou filla, por exemplo, e coa axuda de Inma, estilizarase e refinarase”, apunta a actriz de Monterrei.
Pola súa banda, a escritora López Silva engade que a “construción da memoria é universal, e concérnenos a todas”. Ela será a encargada da recopilación e rexistro dos relatos, xa escritos, das usuarias.
Esta iniciativa, que se vén realizando por todo o Estado, está dirixida e organizada pola asociación Clásicas y Modernas (CYM), co apoio do Ministerio de Cultura.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima