ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
REPORTAJE
Paradiña, unha aldea moi pequena do Concello de Monterrei, leva sen estar habitada máis de 30 anos. Andrés Diz, un historiador interesado polos recunchos da comarca, conta que Paradiña se remonta ao ano 950, primeira vez que se falou desta aldea.
Debido as diferenzas entre as divisións políticas e eclesiasticas, Paradiña ten unha curiosa característica: pertence ao Concello de Monterrei pero tamén a parroquia de Rebordondo, no Concello de Cualedro, dende o ano 1893. "Esto débese a que antes Paradiña pertencia a parroquia de Vilaza, en Monterrei, pero nese ano a diócese de Ourense fixo un arranxo parroquial e comezou a pertencer á parroquia de Rebordondo, quedando tamén no Concello de Monterrei", explica Diz.
Con esta peculiaridade, Paradiña era un punto chave no pasado, "por alí pasaba o antigo camiño para ir a Ourense, de aí o seu nome". Paradiña é "parada no camiño", aínda que no ano 1845, o diccionario Madoz -censo histórico de aldeas, vilas e cidades de España- recollía esta aldea co nome de Parada da Serra, habitada, ademais, por 20 veciños.
Foi no ano 1987 cando Paradiña quedou totalmente deshabitada. A última veciña, Francisa Rodríguez Pérez, marchou dalí para Rebordondo, onde vivían os seus familiares. "É normal que marchara", recalca Andrés Diz. "Hai que porse no lugar desa xente: vivían nos 80 moi atrasados, en Paradiña non había luz, o que supón que tampouco habería teléfonos, ademais non hai unha estrada asfaltada para chegar...", explica o historiador, que con pena lamenta que "Paradiña deixouse morrer".
Pola súa parte, trala finalización da aldea modelo de Infesta, que se atopa no mesmo Concello e a moi pouca distancia de Paradiña, a Xunta de Galicia mostrou tamén o seu o interese por esta aldea baleira e cun encanto moi peculiar.
A pesar de que aínda non hai nada en fixo, dende a Xunta están buscando liñas de actuación co obxectivo de recuperar a aldea e atopar algunha saída beneficiosa para o lugar, que agora mesmo se atopa rodeado de maleza e en estado de ruína.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
EVENTO PARA PROFESIONALES
San Sebastián, un nuevo escaparate para mostrar los vinos de la D.O. Monterrei
Lo último
CADA 20 DE JUNIO
Día Mundial del Refugiado: la dura realidad de los niños refugiados
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
“Señor das moscas”, de William Golding