CULTURA PARA A IGUALDADE
Monicreques e cabaret infantil na comarca de Monterrei
Reciclar envases en Verín terá premio. Así o confirmou Gerardo Seoane, alcalde de Verín, tras reunirse cos responsables de varios supermercados da vila este venres na casa consistorial e proporlles unha iniciativa que fomente a reciclaxe entre os veciños da vila.
Na cita, o rexedor municipal explicoulle aos presentes o seu novo proxecto piloto de reciclaxe de envases. Consistirá na instalación de máquinas de recollida selectiva que ofrecerán un incentivo ecolóxico a cambio da reciclaxe de latas e envases de plástico e vidro.
O principal obxectivo desta iniciativa será incrementar as taxas de reciclaxe coa finalidade de diminuír o impacto medio ambiental e económico que supón o lixo por bolsa negra. “Estamos a falar de que, con esta medida, poderiamos reducir ao redor dun 20 por cento o lixo sen reciclar -unhas 1.000 toneladas ao ano- que se entrega a Sogama, logrando un importante aforro económico, así como un gran beneficio para o medio ambiente”, concretou Seoane Fidalgo.
O funcionamento deste sistema será moi sinxelo. O usuario depositará os seus envases nos sistemas de recollida, aparellos que recompensan obtendo, segundo o número de elementos que se recicle, boletos de participación para un sorteo semanal de 300 euros en metálico.
“Tras a boa acollida da iniciativa obtida hoxe na reunión estudaremos a natureza final deste incentivo ecolóxico que se consultará coas autoridades da Sociedade Estatal de Loterías do Estado para establecer o seu formato final”, concluíu Seoane.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA PARA A IGUALDADE
Monicreques e cabaret infantil na comarca de Monterrei
PRODUTOS GALEGOS
Aposta firme por viños de calidade
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Lo último
ALEJANMIENTO PREVENTIVO
El incendio de Huelva entra en Sevilla y arrasa ya 31.000 hectáreas
EVOLUCIÓN DEL FENÓMENO
Galería | Las fases del eclipse total de Sol, en fotos