Rematan as inscripcións para expositores e actividades da IV Frasca do Terrón
CASTRELO DO VAL
O Concello de Castrelo do Val acolle o vindeiro 1 de xuño a cuarta edición da “Frasca do Terrón”, unha mostra de música tradicional galega e artesanía
Esta xornada de festa e celebración arrancará cun roteiro circular pola zona ás 9,00 horas. Posteriormente abrirá a feira de artesanía, e ás 12,00 horas chegará o turno da actuación da asociación de mulleres rurais da comarca e da asociación Candaira.
Tralo xantar, haberá actividades para todos os gustos: actuacións de grupos tradivcionais, contacontos e ata obradoiros de baile. Posteriormente, á tarde-noite, actuarán grupos de música tradicional, con bandas coma Candaira ou Nova Era. Por último, ás 22,00 horas, terá lugar unha foliada aberta a todo o público.
Dende o Concello castrelexo animan a todos aqueles interesados en inscribir os seus expositores de artesanía ou alimentación que o fagan ao longo do venres chamando o número 675 603 888. Ademais, tamén convidan a organizadores de actividades que desexen realizalas ao longo do día
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
PIDEN FINANCIACIÓN ESTATAL
Galicia recibirá a ocho menores desde Ceuta esta semana y la Xunta avisa: "Estamos al límite"
CRISIS MIGRATORIA
La Eurocámara define como invasión la entrada en Ceuta