SALÓN INTERNACIONAL
La feria WineMad recibirá a 17 bodegas de la D.O. Monterrei
CARREIRA DE OBSTÁCULOS
Esta carreira de obstáculos por Verín e Monterrei contou coa participación de 350 corredores, un 40 % dos cales viñeron doutros puntos de Galicia, especialmente das provincias de Ourense e Pontevedra. Dende a organización cifran o retorno económico directo “nun 80%” en proveedores da comarca.
A xornada, que combinou historia, natureza, cultura e festa, propuxo dous percorridos (de 5 e 8 quilómetros) con probas físicas ambientados na Revolta do século XV, e que puxeron en valor espazos emblemáticos como o Castelo de Monterrei, o río Támega en Verín ou os viñedos da DO Monterrei.
A programación paralela también tivo unha boa acollida. O Pincho Irmandiño reuniu a 10 locais e recibiu 3.000 votos, houbo xogos e probas adaptadas para a cativada e oito postos no mercadiño
Asimesmo, o xantar popular contou con 200 comensais, e a música estivo presente coa actuación do grupo Candaira, da que formou parte un convidado moi especial, o gaiteiro Faustino Luis Seoane, de 101 anos.
Os números de participación fan intuir que A Revolta Irmandiña terá continuidade nun futuro próximo, e de feito dende a organización recoñecen estar “xa a traballar” nunha nova edición.
“Hai xente que, sendo da comarca, non coñecía os camiños do percorrido, e encantáronlles. O máis importante que conseguimos non foi só facer unha carreira, senón despertar o orgullo polo noso”, sinala Jose Prado, membro da organización.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SALÓN INTERNACIONAL
La feria WineMad recibirá a 17 bodegas de la D.O. Monterrei
FUTURA VARIEDAD
La D.O. Monterrei trabaja para unirse a los espumosos ourensanos
Lo último
crisis de fundamentos en Occidente
Mayor Oreja dibuja un país directo a la ruptura
GALICIA, EN NIVELES EXTREMOS
Ourense roza la máxima de calor y marca la mínima del temperatura en Galicia