MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade, trasladou o compromiso de cubrir a praza de persoal facultativo no centro de saúde de Albarellos, no concello de Monterrei, "no momento de dispoñer dun facultativo", dixo en resposta a unha pregunta parlamentaria formulada por Diego Lourenzo, deputado do BNG.
O deputado verinés explicou que a falta de profesionais na sanidade pública "provoca evidentes prexuízos ao conxunto da sociedade galega", lembrando que o pasado mes de xuño a médica titular de Albarellos xubilouse, "sen que dende entón ninguén cubrira a vacante". Algo que "sorprende, pois a médica titular de Albarellos xa tiña prolongado a súa xubilación tres anos. Isto constata ou ben falta de previsión, ou nula capacidade de xestión, ou a intencionalidade clara de abrir camiño ao peche do consultorio de Albarellos", sinalou Lourenzo.
O deputado non escondeu o seu asombro durante a súa intervención no Parlamento sobre que "o pasado 5 de setembro se cubriu a vacante, días despois da presentación desta iniciativa por parte do BNG, máis só algún día á semana e cunha profesional do PAC de Verín". Unha comarca que puxo como exemplo da loita a favor da sanidade pública.
Antes de rematar a súa intervernción, Lourenzo reclamoou ao conselleiro que non se esconda "tras a cortina de falta de médico con disposición para cubrir a praza", pois existe unha profesional interesada que xa pediu unha adaptación de posto para poder incorporarse ao consultorio de Albarellos, "a mesma que está de número un no concurso de traslados que vosteedes non sacan para cubrir a vacante por xubilación de Albarellos".
Tras a resposta de García Comesaña e o seu compromiso de solventar a situación, Lourenzo fixo unha valoración: "O relato de boa xestión por parte do PP choca sempre de fronte coa realidade, cos feitos e coas evidencias, en ningún caso son matices".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último
COLABORACIÓN CIUDADANA
Desaparece un menor de 13 años vulnerable en Ourense
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago