O Sergas anuncia catro pediatras para Monterrei
Este fou o anuncio do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para Monterrei
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou onte á Plataforma pola Pediatría en Verín, da inminente cobertura, mediante concurso, de dúas prazas fixas de Pediatría no centro de saúde verinés e doutras dúas no hospital comarcal. Na xuntanza, que se desenvolveu nun ton construtivo e de cordialidade, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego estivo acompañado polo xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, Félix Rubial.
No marco desta medida, no vindeiro mes de marzo tomarán posesión 60 pediatras en atención primaria e 12 en hospitais comarcais, grazas a dous procesos selectivos por concurso de méritos postos en marcha pola Xunta, dos que o Diario Oficial de Galicia publicou a pasada semana a relación de profesionais con praza.
Ao respecto, cómpre remarcar que, coa finalidade de diminuír o déficit de persoal sanitario, en Galicia aprobouse, en outubro de 2022, a Lei 2/2022 de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en Ciencias da Saúde do Sergas, que establece medidas extraordinarias e temporais en materia de emprego público dirixidas a garantir a adecuada atención sanitaria de toda a poboación galega.
O acceso sen proba de exame, resulta da baremación de experiencia, formación académica e publicacións, entreoutras.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ÉXITOS SIN FRONTERAS
Podios con acento ourensano en el Europeo de Grecia de jiu jitsu
MÁS OBLIGACIONES, MENOS PRESUPUESTO
La aportación del Gobierno central en 2025 a la dependencia en Galicia baja dos puntos y se queda en el 32,9