Os transportistas de Verín volverán percorrer a vila cos seus camións
SAN CRISTÓBAL
Arredor duns 70 camións atravesarán o sábado, 6 de xullo,as principais rúas da vila, decorados e facendo soar as súas bucinas
Despois de non o celebrar o ano pasado, os transportistas de Verín volverán saír este sábado, 6 de xullo, para conmemorar o seu patrón, San Cristóbal. Arredor duns 70 camións atravesarán á tarde as principais rúas da vila, decorados e facendo soar as súas bucinas.
Detrás de esta iniciativa atópanse José Luis Domínguez e Evaristo “Tito” Salgado, nunha tradición que se vén celebrando de xeito continuado “dende o ano 1982”, afirma Domínguez.
Ás 16,00 horas os transportistas xuntaranse no barrio do San Antón cos seus vehículos. Dende alí farán un percorrido por Verín, e posteriormente regresarán ao punto de partida, onde se celebrará unha misa de campaña.
Á noite haberá ceas en varios restaurantes da vila, cuns “300 transportistas, familiares e amigos”. A continuación, unha verbena, amenizada pola Discomóvil A Gramola.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima