INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
A sala de exposicións Hospital da Trindade do Castelo de Monterrei acolle durante este mes de outubro unha mostra itinerante sobre o esgrafiado galego. Tras as pinturas da artista local Luz Novoa no mes de setembro, agora é a quenda de Mar López Sotelo, divulgadora cultural e investigadora, quen presentou a súa mostra en Monterrei.
A divulgadora amosa a técnica do esgrafiado, unha técnica de decoración con estilo propio en construcións do rural ao longo de toda Galicia sobre a que se realiza un estudo que leva anos e que se está a renovar de xeito continuado con recuperación de diversas representacións. “Cando descubrín a existencia dun estilo propio de esgrafiado galego a través dun estudo comparativo con outros estilos, comecei a realizar un estudo das representacións historiadas que aparecen nas fachadas das construcións do rural, intentando interpretar o seu significado”, explica a autora.
Aqueles que aínda non se achegaran a coñecer este sinal característico de Galicia, poden visitar a exposición de mércores a domingo en horario de 11,30 a 18,30 horas, pasando antes pola oficina de turismo de Monterrei, os que tamén ofrecen visitas guiadas, así como a posibilidade de subir a Torre da Homenaxe do Castelo e coñecer a Igrexa de Santa María de Gracia da fortaleza.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último