Verín seguirá mantendo a “atención ao parto"
SALUD
o hospital levará a cabo unhas obras na área de paritorios para garantir o servizo na zona os próximos anos
A Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras confirma o mantemento do servizo de atención ao parto no Hospital Comarcalde Verín.
Neste ano o Hospital de Verín atendeu 128 nacementos, o que supón un incremento do 16 por cento con respecto ao ano 2013. Dende a Xerencia de Xestión Integrada aseguran a continuidade deste servizo e esperan que esta progresión se manteña o vindeiro ano. Esta continuidade fai necesarias "unhas obras de remodelación da Área de Paritorios que permitirán ampliar o seu espazo e dispoñer dunha nova sala de dilatación para parto natural". Os traballos de ampliación iniciaranse o vindeiro xoves, 22 decembro, e dende a Xerencia aseguran que estarán rematadas para final de ano.
A reforma basearase na renovación do chan, a ampliación da área de control, a instalación dunha ducha para pacientes e a creación dunha nova sala de dilatación activa, que contará cunha bañeira de hidromasaxe para facilitar os partos.
A día de hoxe o Hospital Comarcal atende aos municipios de Verín, Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós e Vilariño de Conso e rexistra unha media de 10 partos mensuais.
Nos últimos anos o Hospital de Verín incluíu aos seus servizos novas especializades. Ese foi o caso de Dixestivo, Reumatoloxía, Cardioloxía e máis Neuroloxía. A ampliación da oferta das áreas de asistencia fai posible que os veciños da zona non se vexan na obriga de desprazarse ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para asistir ás consultas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
EVENTO PARA PROFESIONALES
San Sebastián, un nuevo escaparate para mostrar los vinos de la D.O. Monterrei
REFUERZA SU PRESENCIA
Mallorca, nuevo escaparate para los vinos de 22 bodegas de la D.O. Monterrei
Lo último