ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
GALARDÓN
O fotógrafo Carlos Folgoso Sueiro, natural de Verín, vén de gañar a XII edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, un certame que organiza Outono Fotográfico e no que se presentaron 211 proxectos de 41 países e dos cinco continentes.
Tras coñecer o fallo do xurado, Folgoso amosouse “contentísimo, malia non esperarlo, máis se cadra pola cantidade de traballos enviados de tódalas partes do mundo”. O fotógrafo verinés recoñece ademais que este labor “é algo que comecei a facer, con moito amor e na miña terra, hai tan só uns anos debido a un problema de espalda”.
O proxecto premiado chámase “Máis alá do lago”, e trátase dunha viaxe “metafórica, a través das idiosincrasis de Galiza, unha narrativa construída con atmósfera contemporánea que nos transporta a un tempo indeterminado onde se mesturan as realidades sociais e políticas coas lendas galegas e coa súa fronteira con Portugal. A tristeza e o traballo como sinais de identidade, a emigración profundamente enraizada, o que protexemos e o que desprezamos, a tradición e os incendios forestais, as crenzas sincréticas e as mitoloxías, e unha dualidade entre forza e opresión que sempre caracterizou o noso pobo, son os eixos principais deste proxecto”.
O Premio Galicia de Fotografía Contemporánea consiste na produción dunha exposición e a edición dun libro, ademais de poñer en valor o traballo gañador, itinerando a exposición durante dous anos e distribuíndo a publicación en librarías especializadas.
A exposición resultante do proxecto de Carlos Folgoso Sueiro inaugurarase en decembro na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo) e logo comezará a súa itinerancia polas cidades galegas, así como por outras localidades de Portugal e do resto do Estado español.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Lo último
FÚTBOL SALA
El Ontime, de vuelta en cancha
MÁS DE 80.000 EUROS
El Concello de Verín, sancionado por vertidos sin depurar al río Támega
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
DEBERÍA ESTAR LISTO EN 2029
Luz verde al nuevo acceso al CHUO desde la N-565