O verinés Óscar Conde presenta a súa viaxe en moto dende Galicia ao Nepal
AVENTURA
O salón de actos da Casa da Cultura de Verín acollerá o vindeiro sábado, 25 de maio, ás 19,30 horas, a presentación da viaxe en moto que realizará o aventureiro Óscar Conde, natural da vila verinesa.
Desta vez, a súa travesía partirá da capital galega, Santiago de Compostela, pasando por Verín, e con destino Katmandú, a capital do Nepal. Ao longo deste traxecto percorrerá, entre outros, Italia, Croacia, Montenegro, Albania, Macedonia, Grecia, Irán, Paquistán e a India.
O asiduo viaxeiro dará inicio á aventura o próximo setembro e rematará en novembro deste mesmo ano, percorrendo máis de 17.000 kilómetros ao longo dunhas seis semanas de viaxe.
Durante a presentación proxectarase tamén un documental sobre a viaxe á estrada máis alta do mundo, “Khardung La”, na India, a 5.600 metros de altura.
Ao remate da proxección, e da man dos convidados Miguel Ángel Prieto (“Frei Chitín”) e Carlos Damorín, presentarase a gala solidaria “Gala Entroideira polo Nepal”, que terá lugar no Auditorio Municipal de Verín o día 29 de xuño. Neste evento proxectarase ademais o filme “Frei Chitín e o Triángulo Máxico”.
A recadación íntegra da gala será doada á ONG “Abrazando Nepal”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Tensión en el Pacífico
Corea del Norte prueba una bomba de racimo que puede ser acoplada en misiles balísticos
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín