INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
MONTERREI
Os vindeiros venres, día 4 e marzo, e o luns 7 de marzo, terán lugar no IES García Barbón, de Verín, as "Xornadas de Información Académica e Orientación para o Emprego", organizadas polo devandito devandito centro docente, coa colaboración do Concello de Verín.
Estas xornadas teñen como obxectivos fundamentais publicitar a oferta formativa de Formación Profesional en Galicia –con fincapé na comarca de Verín- e as súas posibilidades de emprego e dar a coñecer experiencias de emprendemento na comarca de Verín. Así mesmo, tentarán informar sobre os organismos de apoio e asesoramento ao emprego e ao emprendemento e facilitar o asesoramento e o consello de antigos estudantes –universitarios e de formación profesional- no ámbito académico e laboral. As xornadas ofrecerán tamén asesoramento sobre as posibilidades das oposicións como sistema para buscar emprego e entender o papel que ten aaprendizaxe de linguas estranxeiras no futuro profesional.
Nas mesmas estarán presentes membros de organismos asesores en materia laboral e emprendedores da vila para contarlle a súa experiencia ós alumnos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último