MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
UNIVERSITAS
Despois de 23 películas estreadas ao longo de 50 anos, faise difícil imaxinar a James Bond sen pensar nun Martini con vodka, mesturado, non axitado, ou en coches como os Aston Martin. A integración dos produtos de diferentes marcas nas películas do axente 007 é un fenómeno presente nesta saga cinematográfica desde a súa primeira entrega, en 1962, converténdose nun "caso paradigmático" na industria do cine, como salienta o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Vicente Badenes, que centrou a súa tese de doutoramento na análise da importancia que tivo o brand placement, o emprazamento de produtos, nesta saga inspirada nas novelas do británico Ian Fleming.
Nada menos que 869 marcas integraron os seus produtos nas 23 películas do axente estreadas ao longo de 50 anos, a través dunha técnica que, como explica este investigador, non só contribúe a financiar estas superproducións, senón que ten permitido facer que James Bond, "pasase de marca a metamarca", isto é, se convertese nunha marca para as propias marcas.
A tese Brand placement, elemento configurador da metamarca James Bond, que Badenes realizou coa profesora de Ciencias Sociais e da Comunicación Aurora García como directora, trataba de demostrar, a través dunha análise cuantitativa e cualitativa, a "capacidade configuradora" que tivo esta técnica "na marca James Bond".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
ADERCOU Y SIL BIBEI NAVEA
Los GDR defienden la candidatura de la Ribeira Sacra en la Unesco
MÁS DEPORTE
Reyes y reinas de la doma en Galicia