EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Aprendendo (ou non) en corentena
Alfredo Conde é unha desas persoas que necesita sempre campo. Para escribir, para vivir. Un dos “indesexables” da corentena para quen neste tempo se acorda das bondades do rural e da hortiña. É alaricano, aínda que o seu retiro está en Brión (A Coruña), acompañado da súa muller. A Conde pásalle como ao resto dos mortais, alomenos unha parte deles que non saben que facer coas horas e non lles importa confesalo: “Non estou escribindo, non son capaz de concentrarme”. Si o fai... publica artigos en La Región. Adianta que o do domingo 17 será outra reflexión coronavírica, que outra cousa se non. “Pero escribir unha novela éche outra cousa, require un horizonte longo, tempo por diante…”
“Teño 75 anos, son diabético, hipertenso, cardiópata… E digo: 'Para que me vou poñer a escribir unha novela ou continuar a que teño pendente, se en calquera momento me leva?”. Bótalle humor.
A vida di que a vai levando con moita tranquilidade. “No fondo sonche afortunado. Podo pasear pola horta, teño espazo para moverme… Antes podía tirarme 15 ou 20 días sen saír da casa, porque me dedico a ler e escribir. Así que para min non é moi diferente, fago o de sempre. Antes viaxaba máis”.
Máis que ler, esta relendo o que ten na biblioteca: “Xa non recollín as novidades que tiña na librería así que volvo ler os libros que xa lera. Estou desfrutando moito”. Ante a posibilidade de comprar literatura online: “Son maior”.
Aquí chega a súa historieta, cumprindo co oficio. Faranos mellores persoas este virus?, pregunto. O relato lévanos ata a Antiga Roma. “Hai uns anos eu presido un premio de literatura en Italia e a miña muller nunca fora a Pompeya, entón trouxenlle de recordo uns manteliños pequenos. Teñen a reprodución dun mosaico pompeyano de 70 anos antes de Cristo. Xa choveu. No mosaico véñenche representados un pulpo, un xurelo, un calamar… E ás veces dis: 'Coño!, son exactamente iguais que os de hoxe. E compórtanse igual. Se todos os animais que poboan o planeta dende hai miles de anos fan o mesmo, imos pretender que o ser humano se comporte de outra maneira? A condición humana non cambia, as pandemias xa as houbo todas as que quixemos”.
El pasou a da gripe A no 2014, 21 días en coma inducido nun hospital. Recorda perfectamente que era febreiro: “Despois de pasar ese tempo alí, saín co corazón machacado. Aprendes que a vida é breve e punto”.
Seremos persoas máis frías cando todo isto pase?, pregunto. “Todo vai cambiar, non nos imos comportar da mesma maneira, iso douno por feito”.
Invita á lectura do día 17, en La Región, quizais sobre a frialdade ou algunha relectura en tempos de coronavirus. Haberá que comprobalo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último