ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
FORMACIÓN
Ata o 14 de febreiro permanecerán abertas as inscricións para os 14 cursos de extensión universitaria que oferta o campus de Ourense para este cuadrimestre. as As persoas interesadas, sexan ou non membros da comunidade universitaria, poderán matricularse a través do Campus Activo da UVigo por un prezo de 40 euros para o público xeral, 26 para a comunidade universitaria e 32 para outros colectivos vinculados á Universidade de Vigo.
Para os estudantes universitarios, estes cursos están recoñecidos cun crédito ECTS por cada 30 horas de traballo, contando os obradoiros cunha media de entre 20 e 35 horas de duración e de 10 a 20 prazas dispoñibles.
Entre as novidades deste cuadrimestre chega un obradoiro de introdución ao gravado contemporáneo dirixido por Javier Blanco. Nel as persoas participantes achegaranse á xilografía, linografía e augaforte e coñecerán diferentes materiais e ferramentas. Tamén se ofrecerá por primeira vez un obradoiro de costura creativa dirixido por Estefanía Carrera e no que se traballará arredor do patrón e a costura a través de telas e prendas recicladas.
Son tamén varias as opcións relacionadas coa danza dispoñibles. Ana María Torrado dirixirá unha titulada “Danzas do mundo e interculturalidade” que abordará un repertorio variado que inclúe danzas dos cinco continentes. Por outra parte, no marco da Aula de Danza Contemporánea do campus haberá dous obradoiros. Un de creación escénica, a cargo de Ainhoa Linaza, e outro de formación, a cargo de Nuria Sotelo.
Os membros da comunidade universitaria e a cidadanía interesada tamén teñen a oportunidade de apuntarse este cuadrimestre ás aulas de artes escénicas do campus.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
CONSTRUCCIÓN Y REFORMAS
Apertura de un nuevo Obramat y Burger King en Ourense: fechas, ubicación y detalles
RÉCORD HISTÓRICO DE VOLUNTADES
Los testamentos vitales se duplican en Ourense durante el último año hasta superar los 500
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas