MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONVENIO FUNDACIÓN RÍA E FUNDACIÓN MOP
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e o Concello de Carballeda de Avia convocan un concurso de proxectos para deseñar unha proposta arquitectónica para a rehabilitación dunha edificación en ruínas para un centro social multiusos na aldea modelo de Muimenta e os espazos circundantes da finca. O concurso é froito dun convenio de colaboración asinado entre o decano do COAG, Luciano Alfaya, a Presidenta do COAG de Ourense, Emma Noriega, e o alcalde de Carballeda de Avia, Luis Milia.
As propostas que se presenten ao concurso deberán seguir criterios de calidade arquitectónica e sustentabilidade enerxética e medioambiental. As bases do concurso establecen que o centro social deberá facilitar os apoios e coidados da veciñanza, sendo o eixo dun proxecto multidisciplinar que abarca a creación de emprego, a construción sostible, a utilización de novas fontes de enerxía renovables e a economía circular nun ámbito meramente rural que carece destes equipamentos.
O concurso fará realidade a construción do centro social que, en conxunto co proxecto da aldea modelo da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, axudará a potenciar non só o núcleo de Muimenta, senón tamén a vida no municipio de Carballeda de Avia co fin de “poñer en valor toda a contorna da comarca do Ribeiro”, sinalan desde COAG.
O novo equipamento establecerase como referente social na aldea e no resto da localidade.
Os arquitectos interesados terán 45 días naturais, desde a súa publicación no Perfil do Contratante do Concello de Carballeda de Avia, para presentar a documentación pertinente e conseguir a adxudicación dun contrato de servizos para a redacción de proxecto e a dirección das obras.
O seleccionado recibirá un premio de 8.000 euros, mentras a segunda e terceira mellores propostas clasificadas recibirán 6.000 e 4.000 euros respectivamente.
O decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Luciano Alfaya, salientou a importancia de que os concellos, tamén os de menor dimensión, poidan organizar concursos de proxectos xa que son os que mellor garanten a calidade dos proxectos arquitectónicos, como se indica na propia Lei de Calidade de Arquitectura, en vigor dende hai dous anos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas