COLABORACIÓN INSTITUCIONAL
Comercio y emprendimiento, ejes de dinamización del rural para Xunta y Diputación
Turismo en Ourense
A provincia de Ourense conta cun dos lugares máis bonitos de España: Castro Caldelas. Por terceiro ano consecutivo, a localidade forma parte da lista elaborada pola asociación "Los pueblos más bonitos de España", que destaca aqueles sitios únicos e "agochados" ao longo da xeografía española.
Con motivo deste recoñecemento, dende La Región preguntámoslle aos nosos lectores, a través de Instagram, cal é para eles a aldea ou vila máis bonita de Ourense e estas son as respostas.
Allariz
Río Arnoia, ao paso por Allariz.
Unha das vilas ourensás preferidas polos lectores de La Región é Allariz. O encanto e tranquilidade que ofrece, así como a beleza do seu casco histórico, o río Arnoia e a súa ponte románica son algúns dos motivos que atraen a ourensáns e foráneaos aos encantos da vila alaricana.
Santa Mariña de Augas Santas
Tamén no municipio de Allariz, a aldea de Santa Mariña de Augas Santas é un dos lugares elixidos polos ourensáns.
As Ermidas
A aldea das Ermidas, na localidade de O Bolo, é outro dos lugares destacados polos nosos lectores. O santuario barroco das Ermidas, declarado BIC (Ben de Interés Cultural) e as lendas que rodean este lugar, fan desta aldea un lugar de visita obrigada na comarca de Valdeorras.
Padrenda
Na comarca de Celanova e lindando con Pontevedra atópase Padrenda, outro dos lugares elixidos polos lectores. O seu banco turístico, as vistas a Ourense, Pontevedra e Portugal e a oferta de actividades deportivas que oferta -rafting, senderismo, puenting, son algúns dos encantos de Padrenda.
Parada de Sil
En pleno corazón da Ribeira Sacra, Parada de Sil é un dos sitios recomendados por moitos dos nosos lectores. As espectaculares paisaxes, os seus miradoiros, o Cañón do Sil ou o mosteiro de Santa Cristina son algúns dos atractivos deste lugar.
Arnoia
Para outros dos nosos lectores, un dos lugares con máis encanto é A Arnoia, na comarca do Ribeiro.
Muíños
Entre as recomendacións dos lectores atópase Muíños. No corazón do Xurés, a súa riqueza natural e paisaxística fan deste entorno un lugar especial da provincia.
Belecón, Avión
Outra das propostas como un dos lugares máis bonitos da provinica é Belecón, unha aldea de Avión, na comarca do Ribeiro.
Viana
A vila de Viana do Bolo e a aldea de Santa Mariña da Ponte son dúas das propostas dos lectores.
Celanova
Para outros ourensáns, a "vila dos poetas" é o lugar máis fermoso da provincia. O mosteiro de San Salvador e a pegada de autores como Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro fan de Celanova un lugar que merece a pena visitar.
Vilaza
Outra das aldeas propostas polos lectores a través de Instagram foi Vilaza, unha parroquia pertencente ao concello de Verín.
Ribadavia
A capital do Ribeiro é outro dos lugares destacados polos lectores de La Región.
Xunqueira de Espadanedo
Xunqueira de Espadanedo foi outra das lugares
A Veiga
Tanto A Veiga como a parroquia de Prada foron dúas das propostas dos nosos lectores como un dos lugares máis bonitos da provincia.
Lobios
A localidade pertencente ao parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés foi outro dos lugares elixidos.
Boborás
Tamallancos, Vilamarín
As vendas da Barreira, Riós
Congostro, Rairiz de Veiga
Toén
Taboadela
Amoeiro
San Cristovo de Cea
Cacidrón, Castro Caldelas
Montederramo
Cinconogueiras, A Peroxa
Xacebáns
Cortiñas
Maceda
Loureiro
Cenlle
Os Peares
Barbadás
Niñodaguia
Seoane
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COLABORACIÓN INSTITUCIONAL
Comercio y emprendimiento, ejes de dinamización del rural para Xunta y Diputación
TRAICIONÓ SU CONFIANZA
Admite que estafó 8.000 euros a un hombre al que cuidaba
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Destroza la parte delantera del coche al salirse de la A-52 en Ourense
Lo último
HISTORIAS INCREÍBLES
Ponte bajo la piel un microchip
Federación Gallega de Automovilismo
Galería | La gala del motor rugió en el Pazo
Miguel Anxo Bastos
Proteger as pensões