PRECIPITACIONES PERSISTENTES
La lluvia golpea también a la salud de los ourensanos: "Puede agravar problemas como la ansiedad"
ENTREVISTA
Amador Lorenzo vén de lanzar #OU24112 con imaxes das ribeiras do río Miño ao seu paso por Ourense, promovendo así as raíces e a cultura galega a través da fotografía. O fotógrafo nacido en Bueu captura como ninguén a paisaxe ourensá.
Define a súa obra como “unha particular declaración de amor á cidade de Ourense”. De onde xorde este amor?
O título fai referencia a unha data que é o 24 de novembro de 2022, que foi cando coñecín á que é agora nai da miña filla e aí tamén nace un pouco a miña relación coa cidade de Ourense. Nesa data coñecémonos e a raíz diso eu fun coñecendo todos os seus rincóns. A partir do ano 2016, empezo a traballar con formato analóxico e acabo inconscientemente nunha zona da cidade que me chamou moito a atención, que é a zona da ribeira do Miño ao seu paso por Ourense. Alí podes atoparte eses espazos que serven de refuxio aos propios habitantes da cidade. E un pouco tamén é o meu refuxio en Ourense.
Fan falta máis iniciativas culturais e editoriais nesta liña?
Penso que é importante que haxa este tipo de selos. O meu traballo está publicado por Alauda Negra, que é unha editorial que ten sede en Sarria, creada por Xosé Lois e que está dentro dunha sección que se chama Papeis, a parte máis experimental da editorial. No meu caso todos o que fago nace da propia experiencia co medio, coa contorna ou coas persoas que vou coñecendo… É como a miña forma de vida. Eu sempre vou cunha cámara na man e con ela vou retratando os meus momentos cotiáns e trato de facelos -aparte de propios- cun significado universal, como é neste caso.
Como sucede coa lectura, cre que existe certa defensa do papel fronte ao dixital no ámbito da fotografía?
Eu creo que o papel dálle unha dimensión especial á fotografía. Creo que o dixital o que fixo foi facer a fotografía máis universal e facer que calquera persoa poida utilizala como medio propio para expresarse e me parece fantástico. No meu caso utilizo formatos analóxicos pola miña forma de ser porque son moi obsesivo e o que me fai o analóxico é que me permite pensar máis, non disparar tanto. Cada toma está máis medida. Para min a fotografía é iso, sempre traballar coa propia memoria e dende a propia experiencia.
A súa andadura por Ourense xa comezara no Macizo Central…
Todo naceu na mesma época. É un alegato á vida da xente no rural. E tamén nace da propia experiencia. Porque eu nunca fun buscar nada, senón que a serra me deu a min todo o que eu fun vendo nesas visitas. Digamos que Ourense paréceme como esa semente que hai en Galicia, que todo brota dende aí, dende o meu punto de vista. Eu síntome máis cómodo en Ourense que en calquera outro lugar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRECIPITACIONES PERSISTENTES
La lluvia golpea también a la salud de los ourensanos: "Puede agravar problemas como la ansiedad"
NO ES UN HECHO AISLADO
Cae con 80 gramos de cocaína a los 4 días de una condena por drogas en Ourense
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO EN OURENSE
Un choque entre una furgoneta y un coche deja un herido en la calle Progreso