"Anacos do rural", unha reflexión sobre o pasado recente
O documental será presentado o 7 de agosto en Entrimo, durante as Xornadas Arraianas de cine rural
“Anacos do rural” é un documental multimedia de Arraianos Producións, dirixido por Aser Álvarez, que reivindica a identidade rural de Galicia “pola necesidade de reactivar o territorio rural galego e que non sexa un deserto humano”, explica. Trátase dun proxecto piloto que estenderán no futuro a outras comunidades con raíces rurais, coma Andalucía. Será presentado o 7 e 8 de agosto durante as Xornadas Arraianas de Cine Rural que se celebrarán en Entrimo.
Este proxecto, destaca Álvarez, “é froito de anos de investigación sobre os fondos documentais da Galicia rural pertencentes ao Ministerio de Agricultura, conformando o primeiro proxecto monográfico deste tipo que se fai dunha comunidade autónoma”. Tamén se apoia no traballo de Jaume Lloveras e Juan Piñeiro, co seu mapeo fotográfico de Galicia nas décadas dos 70 e 80, que supuxeron o fin da agricultura tradicional. Retrataron a rotación de cultivos cando convivían o arado romano e as técnicas modernas. Desde Arraianos Producións subliñan que este é “un exercicio de memoria moi necesario para loitar contra o Alzheimer colectivo, sen ánimo de mitificar o pasado, pero si recordar de onde viñemos, porque hai unha desconexión co pasado recente. E ante as mudanzas radicais convén reflexionar”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Un ciudadano particular
NATURALEZA Y PATRIMONIO
Nuevas rutas turísticas del geodestino Celanova-Xurés
Miguel Mosquera Paans
Mi casa