Andrea García: "De momento, o que farei cos 3.500 euros do premio será gardalos no banco"

ENTREVISTA

Andrea García Martínez é a gañadora de cinco premios de fin de curso

Andrea García Martínez.
Andrea García Martínez.

Andrea García Martínez recibiu un dos cinco galardóns de fin de curso que concede a Xunta e que recoñecen o traballo dos estudantes que realizaron brillantemente os seus estudos conducentes a un grao superior, neste caso, no Grao de Ensinanzas Artísticas Superiores en Deseño de Interiores, na Escola de Arte e Deseño Antonio Faílde. O gañador xa recibiu o cheque de 3.500 euros e está á espera da entrega do diploma da distinción.

Como recibiu a noticia do premio?

Ben, a verdade é que con moita ilusión.

É o recoñecemento dunha carreira académica. Costou moito?

Foron catro anos de moito esforzo e dedicación, e con poucas horas de tempo libre. Ademais, no meu caso, as poucas horas libres que tiña as dediquei á miña outra afección.

Que é?

Escribir e ilustrar libros de contos para nenos, algo que tamén está ligado, en certo modo, ao traballo de deseño

Publicou algo nese campo dos libros de contos?

A verdade é que teño dous libros escritos e un con ilustracións propias. O primeiro foi “Animais fantasticos de aldea”, publicado por Xerais, no que fixen tanto o texto como as ilustracións. E o segundo titúlase “Espertina e Esperpenta. Bruxas pasteleiras”, coa editorial Cumio, na que as ilustracións foron realizadas por un artista da casa; Tamén foi unha experiencia enriquecedora o ter que compartir ideas con outra persoa en torno a túa historia.

Despois dos brillantes estudos, ábrese agora a etapa profesional. Onde estás a traballar neste momento?

Dende xullo traballo no estudio Mol Arquitectura de Ourense, actualmente aprendendo.

É compatible coa súa outra afición?

Creo que son compatibles e combinables.

Por certo, que vai facer co diñeiro do premio?

De momento, o que farei cos 3.500 euros do premio é gardalo no banco.

Contenido patrocinado

stats