GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
CIUDADANOS
A EASD Antón Faílde da capital ourensá acolleu onte a presentación oficial da biografía do escultor ourensá, baixo o título de "Antón Faílde: o escultor que escoitou a música das pedras", obra de Xabier Limia de Gardón. No acto institucional estiveron presentes o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez González; o alcalde ourensán, Jesús Vázquez; César Taboada, director da escola; Marisol Díaz, delegada da Xunta ou Manuel Faílde, xunto ao autor da obra.
O libro, editado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, contou coa participación de César Taboada, con motivo do trinta aniversario do centro de formación artística da cidade. Esta é unha nova edición, traducida ao galego e cun aspecto renovado, da biografía elaborada no ano 2001 por Limia de Gardón.
HISTORIA VITAL E ARTÍSTICA
Esta obra chegou como un encargo a mans de Limia, quen comezou a realizar unha investigación polo miúdo da figura do escultor ourensán, así como da súa amplia e numerosa creación. "É un home, en canto a persoa, feito a si mesmo. Comezou como canteiro e marmolista e decidiu dar o gran paso ao mundo da arte", explica o historiador. Faílde, a partir do seu oficio como escultor de obras para os cemiterios, evolucionou grazas aos libros de arte, consciente das súas limitacións. Nos anos 60 comeza a realizar obras públicas en numerosas localidades de toda a comunidade galega, moitas delas referenciadas no libro. Nesta segunda edición, Limia engadiu varias achegas novas, entre as que destacan as tumbas do cemiterio de Cea. "Moitos dos seus traballos eran encargos, a gran maioría relixiosos, pero aínda así sempre deixaba algo do seu carácter nesas obras", comenta Limia. Pola outra banda, a título persoal, realizou obras con temática femenina ou infantil, coma a figura dunha muller espida que se pode ver no Parque do Miño da cidade.
"As súas figuras parecen bloques, son moi potentes. Como el mesmo dicía, esas pedras que o inspiraban estaban cheas de vida, á que el lle daba forma", explica o autor da biografía.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
ROBOS DE COBRE
A la caza del “oro rojo” en Ourense
PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
Lo último
Maribel Outeiriño
TRIBUNA
Recordando el San Lázaro con Don Ramón Otero Pedrayo
UN DOLOR SIN TREGUA
La ourensana Iria Lorenzo, cuando la migraña no espera, pero la cita médica sí
ENFERMEDAD NEUROLÓGICA O UN SÍNTOMA
Dolor de cabeza y migraña: cómo diferenciarlos y cuáles son sus causas