SUBEN LOS PRECIOS
La vida en Ourense es un 25% más cara ahora que hace cinco años
Axenda Cultural
A aldea de Saumede, no concello de A Bola, acolle unha nova edición do Festival Ao Compaz, que se celebrará os días 17 e 18 de agosto.
O proxecto de Saumede comezou en 2010 cando "varios amigos de Francia e Galicia decidiron arrancar o proxecto de rehabilitar espazos abandonados no rural", explica Camille Hédouin, unha das organizadoras. A súa labor en Saumede, unha aldea que estaba totalmente abandonada, pasa por "readaptar os seus edificios así como por fomentar o seu plano cultural", sinala Camille.
Neste contexto foi como xurdiu a idea de crear un espazo no que dar a coñecer a "grupos galegos, con estilos musicais diferentes e definidos por unha cultura alternativa", indica a voluntaria.
O venres, primeiro día do festival, "predomina un estilo máis electrónico e trap, como Alarido Mongólico ou BoyankA KostovA, mentres que a xornada do sábado céntrase máis no rock", sinala Camille. Ademais de diferentes bandas musicais, no festival Ao Compaz danse cita artistas como Nuria Sotelo, que levará ao rural de A Bola o seu "espectáculo de danza contemporánea".
Outra actividade que acolle o evento é un "taller de plantas medicinais", que combina coa filosofía de Saumede de "sensibilizar á xente para que se responsabilice co coidado ao medio ambiente.
De feito, todo o público que acude aquí contáxiase desa enerxía respetuosa", explica a organizadora, quen proxecta "seguir fomentando a cultura galega, así como a devolverlle a Saumede parte da súa historia".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SUBEN LOS PRECIOS
La vida en Ourense es un 25% más cara ahora que hace cinco años
BAJÓN EN EL COMERCIO EXTERIOR
El caos arancelario de Trump le cuesta seis millones al comercio ourensano en exportaciones
Lo último
RECOMENDACIONES DE LA OMS
Calculadora de azúcar: ¿cuánto consumes al día y cuál es el máximo recomendado?
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL
Vídeo | Sánchez responde a Trump: "El gobierno de España está con quien debe estar"