DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del Hospital de Ourense atiende 300 casos oncológicos al año
200 ARTISTAS
A provincia prepárase para acoller unha das citas máis emblemáticas do seu mes de agosto. Coma todos os veráns, as Xornadas de Folclore percorrerán diversos concellos ourensáns dando mostra da cultura e tradicións de diferentes pobos do mundo a través da danza. Neste ano cúmplese xa a 40ª edición deste instaurado certame global.
O Centro Cultural Marcos Valcárcel será escenario do acto inaugural das xornadas, organizadas pola Deputación de Ourense a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo. A cerimonia contará co tradicional desfile de bandeiras, que arrancará ás 20:30 horas, dando así o comezo oficial a dez días de música, baile e traxes clásicos.
Nesta ocasión participarán preto de 200 artistas, pertencentes a seis agrupacións folclóricas procedentes de Arxentina, Chile, Filipinas, Irlanda do Norte, Ucraína e Xeorxia. Estes grupos converterán as prazas e escenarios de 16 concellos nun escaparate internacional do folclore, facendo chegar ao público a riqueza cultural de cada país a través da súa música, baile e vestiario tradicional.
Os concellos de Allariz, A Rúa, Bande, O Barco, O Carballiño, Castro Caldelas, Celanova, Entrimo, Maceda, Manzaneda, Ribadavia, Trives, Verín, Viana do Bolo e Xinzo de Limia, xunto coa capital, serán os anfitrións deste percorrido cultural.
Cada noite programaranse dous espectáculos en dúas localidades diferentes, con tres agrupacións en cada unha, ofrecendo funcións de preto de dúas horas de duración. Todas as actuacións serán de acceso libre e gratuíto, consolidando o espírito aberto e participativo das Xornadas.
Ao longo das catro décadas de historia, este evento consolidouse como un referente no panorama cultural ourensán destacando pola súa capacidade de atraer públicos diversos e por fomentar o intercambio de tradicións entre pobos.
Según o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, a media anual de espectadores das xornadas está en torno a los 20.000. O éxito de asistencia é mostra da conexión que establece entre artistas e espectadores, así como do interese pola preservación e difusión das tradicións populares.
A organización conta tamén coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e dos concellos participantes, facendo posible unha programación descentralizada que leva esta oferta cultural a múltiples puntos da provincia.
As agrupacións terán a súa sede central no Centro Residencial Docente de Ourense e no IES Universidade Laboral, espazos que servirán como lugar de convivencia e ensaio durante a súa estadía en Ourense.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del Hospital de Ourense atiende 300 casos oncológicos al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último
ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rexurbe: una factura de 41 millones para el Casco Vello
HACÍAN DE INTERMEDIARIOS
Seis meses de cárcel por recibir en la cuenta dinero fraudulento en Ourense