EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
O Concello de Barbadás vén de instar á Xunta de Galicia para que “instaure o transporte metropolitano que prometera aos ourensanos fai seis anos”. Así o expresou o alcalde la localidade, Xosé Carlos Valcárcel, nunha reunión mantida onte co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, que deu todo o seu apoio a Barbadás e instou á Administración a cumprir “co seu compromiso cos ourensáns”. Ao encontro tamén asistiron o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González; a tenente de alcalde, Victoria Morenza, e o concelleiro de Promoción Económica, José Manuel Morgade.
No encontro, o rexedor agradeceu a visita do delegado do Goberno en Galicia, a segunda dende o mes de outubro, e o seu apoio para que o transporte metropolitano chegue a Barbadás: “Este servizo existe no resto de cidades pero a Xunta de Galicia ten a Ourense abandonada e mentres tanto o Concello de Barbadás gasta 100.000 euros ao ano en bonificacións para o transporte en autobús”, expresou.
Neste sentido, Valcárcel fixo referencia á bonificación xeral do 37%, ao 55% no caso dos estudantes e ao 48% para os pensionistas para que poidan máis garantías de facer uso do transporte. Precisamente, tamén se implantou a gratuidade para os usuarios en risco de exclusión social. “Esta comarca move 150.000 veciños e estamos abandonados pola Xunta de Galicia. Esiximos que dunha vez por todas nos dean unha solución definitiva. Esiximos que o novo Goberno autonómico se poña a traballar urxentemente para desbloquear esta situación”, engadiu Xosé Carlos Valcárcel.
Crecemento económico, mellora da mobilidade ou o asentamento da poboación son só algunhas das vantaxes que o alcalde asegurou que tería a posta en marcha do servizo. Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reclamou á Xunta de Galicia “que cumpra cos seus compromisos coa provincia de Ourense e desenvolva “un transporte metropolitano do século XXI que dea servizo ás necesidades reais da poboación”.
Por outra banda, Valcárcel, tamén quixo destacar ós 23 millóns de euros investidos polo Goberno para os descontos no bus metropolitano e indicou o seu lamentou a “que a Xunta de Galicia llos negue aos ourensáns”. O rexedor na reunión insistiu en que “Barbadás forma parte dunha área metropolitana cunha gran demanda histórica, polo que pedimos á Xunta que cumpra os seus compromisos con Ourense e permita aos veciños de Barbadás e da área metropolitana contar cun servizo moi demandado”
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último