Barbadás amplía a programación cultural do mes de setembro
Verano
O Concello de Barbadás amplía a programación cultural durante setembro con espesctáculos de maxia, circo e clown . A Concellería de Cultura de Barbadás programou unha serie de actividades dirixidas ás familias en diferentes escenarios.
O xoves día 2, O Mago Antón ofrecerá diferentes funcións co espectáculo “A volta a Galicia en 313 concellos”. Os horarios son 12,000, 13,00, 17,00, 18,00, 19,00, 20,00 e 21,00 horas.
Desenvolveranse se no “tráiler” do mago no Paseo dos Amieiros. A compañía Hum&Ous ofrecerá o espectáculo de clown “Cartoons” no Parque dos Patos ás 19,30 o xoves 9 de setembro.
O circo será o protagonista o 16 de setembro a cargo de Assirecópatas co espectáculo “Adracadáver” tamén en horario de 19,30 horas. O broche final da programación do Verán Cultural en Barbadás será o día 23 coa posta en escea de “Oh-Pera” a cargo de Circo Chosco
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último