MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
Barbadás rompeu o seu teito de poboación no 2023, acadando un total de 11.171 habitantes, a cifra máis alta dende que se rexistran no Instituto Nacional de Estatística (INE). O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, atribúe este dato “ao esforzo do goberno local por implantar políticas sociais, de conciliación, deportivas e culturais”. Para festexar este fito, os novos veciños de menor idade tiveron onte unha benvida especial: así, os 13 nenos de 0 a 3 anos empadroados no concello dende o mes de xaneiro foron recibidos na Biblioteca Municipal. A iniciativa repetirase cada dous meses.
O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e a concelleira de Educación, Marga Pérez, saudaron aos cativos e entregáronlles unha caixa con agasallos de benvida que inclúe contos, entre outros regalos, e a folla de inscrición como novo socio da biblioteca. Tamén explicaron ás familias que a iniciativa desenvólvese dende o ano pasado co obxectivo de fomentar o empadroamento en Barbadás e inculcar a paixón pola lectura entre os máis pequenos.
O comercio local tamén colabora ofrecendo descontos especiais aos novos veciños. Preto de medio cento de caixas repartíronse dende o 2023 co lema “Os pés máis pequenos fan a pegada máis grande nos nosos corazóns. Benvido ao noso pequeno fogar”. Este é a mensaxe de benvida das caixas que o Concello de Barbadás entrega aos nenos empadroados de entre 0 e 3 anos. Con esta inciativa, o goberno local “tamén fai unha aposta decidida para fomentar a lectura entre os máis novos”. Outro obxectivo consiste en “achegar a biblioteca a todos os fogares”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas