A biblioteca de Esgos súmase á recollida de material escolar

A iniciativa de Amigos de Galicia ten como obxectivo a entrega de todo o material escolar necesario para que os nenos e nenas poidan desenvolver os seus estudos en igualdade de condicións

A biblioteca de Esgos súmase á campaña solidaria de recollida de material escolar da Fundación Amigos de Galicia “Nas súas mochilas, o seu futuro”. Dende onte e ata o venres recolleran material escolar novo, que entregarán no centro comercial Ponte Vella este sábado. Dende a biblioteca solicitan á veciñanza libretas, carpetas, lapis, bolígrafos, ceras, gomas e calquera outro tipo de elementos coma compases, carpetas, regras ou máscaras infantís.

A iniciativa de Amigos de Galicia ten como obxectivo a entrega de todo o material escolar necesario para que os nenos e nenas poidan desenvolver os seus estudos en igualdade de condicións.

Esta entidade sen ánimo de lucro espera entregar 974 mochilas no mes de setembro, pero destacan que esta cifra “aumentará ao longo da campaña polas solicitudes que nos chegan dos centros escolares”.

Contenido patrocinado

stats