REFERENCIA GASTRONÓMICA
Hasta luego, Casa Amador
ENTREVISTA
Para Bieito Ledo (Padroso, Xunqueira de Ambía, 1944) a felicidade "está dentro dun mesmo". Ourensán que vive en Vigo, cidade que escolleu "polo mar" e onde fundou a súa propia libreria, unha idea que levaba tempo acompañándoo. Na cultura, "o territorio do pracer", atopou unha gran amiga. Foi o director da editorial Galaxia de 1979 a 1985 e incorporouse ao Círculo Ourensán de Vigo como presidente, entidade que creou os Premios da Crítica, que acaban de cumprir 40 anos. Onte presentou no Liceo, rodeado de amigos, o seu último libro, "Cavilacións", onde repasa anacos da súa vida. Aínda lle queda corda para rato.
Que é para vostede Padroso?
A miña primeira e auténtica universidade. Alí vivín os meus 12 primeiros anos de vida, aprendín a falar, a rir, a ler, a escribir. A súa néboa, os cheiros, o vento, están fixados no meu maxín. O meu mundo cósmico forxouse alí, é onde están as miñas raíces.
Volve cada verán. Descubre cousas novas?
Loxicamente. Diante da miña casa pasan camiñantes, moitos deles veñen de Sevilla, do Camiño da Plata. Cando chegan a Padroso convídoos a unha cervexa e a empanada, se teño. Cada un deles é un mundo ambulante que busca algo e que o atopa en sí mesmo.
Estase a perder o mundo rural.
O pracer da vida está na mente e na alma e é necesario que cada un atope esas dinámicas orixinais que lle den sentido á vida. O mundo de aldea ten moitas vivencias profundas. Agora, a xente non atopan sentido a vida nas cousas pequenas e por iso non aguanta a aldea, porque non é capaz de estar en soidade.
Saiu do Seminario convertido en crego.
Sí, e estou orgulloso de ser crego un tempo. No ano 69 estiven tres meses en Santa Comba de Bande, unha experiencia moi agradable. Despois, fun a Vilardevós e alí estiven con outros dous cregos. A xente tiña moito medo do inferno e nós dixémoslle que o inferno e o ceo estaban dentro dun mesmo...
Deixouno e marchou a Valencia, París, Roma... despois chegou a Vigo e asentouse. Que lle deu Vigo?
Eu estaba acabando os meus estudos en Madrid e sabía que quería montar unha librería. Escollín Vigo porque ten mar e porque é unha cidade que non che condiciona, deixa que fagas o teu proxecto vital
Contenido patrocinado
También te puede interesar
REFERENCIA GASTRONÓMICA
Hasta luego, Casa Amador
OFERTA RÉCORD A NIVEL ESTATAL
El CHUO gana seis plazas MIR, Ourense llegará a las 57 el año que viene
Lo último
FESTA DA XUVENTUDE
Bousés arranca tres días de festa impulsados pola súa mocidade
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tontos útiles
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Tensión e cansazo
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays