ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
CONCELLO DE OURENSE
Desde o BNG acusan ao Concello de Ourense por “artellar unha nova manobra” para modificar as bases dos procesos de estabilización dos traballadores temporais que, xa estaban aprobadas e xa foron empregadas.
O portavoz nacionalista, Luis Seara, sinala que “o que pretende o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, é distorsionar a realidade: por unha banda, modificar un proceso de estabilización que se está dando en todas as administracións especialmente no que ten que ver en caso de empate, pola outra, introducir a Relación de Postos de Traballo cando non ten que influír neste proceso”. Unha das cuestións que destaca o portavoz nacionalista é a vontade desde o goberno municipal de “distinguir funcionariado de persoal laboral”, unha distinción que para o BNG non ten cabida, xa que “hai sentenzas do TSXG, que se equipara e iguala o persoal laboral indefinido ao persoal funcionario”.
A formación nacionalista advirte que “a modificación das bases pretende de modo directo unha modificación encuberta dos criterios de desempate para acceder a un posto laboral xa ocupado por persoal de longa duración. Neste sentido, a modificación na valoración que se propoña, sobre todo nos criterios de desempate, suporá unha grande alteración das bases”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último