EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense manifestou públicamente este martes o seu malestar polo feito de que Ourense leve 200 días co Auditorio pechado e sen actividade cultural. Para a concelleira Rhut Reza, "é insoportábel que o Auditorio Municipal, pagado cos cartos de toda a veciñanza leve 200 días pechado ás artes escénicas e que tampouco haxa programación cultural de ningún outro tipo".
Segundo Rhut Reza, "o alcalde Jácome atopou no covid-19 a escusa perfecta para desmantelar todo o tecido cultural. Un tecido cultural que desde sempre tivo tradición en Ourense. Jácome está privando ás veciñas e veciños de actividades e programación que contribúa a paliar a xa de por sí difícil situación económica e social na que nos atopamos. Parece que vivimos nunha cidade zombi".
E é que como lembran desde o BNG, "a actividade cultural repercute económicamente en sectores tan importantes como é a hostalería ou o pequeno comercio, así como no turismo, ao tempo que contribúe a dinamizar a vida social da cidade".
Por outra banda, desde a formación nacionalista tamén lamentan a cancelación da programación prevista polo Cineclube Padre Feijóo ao non poder facer fronte ás taxas esixidas polo concello e cuestionan a actitude do mesmo, quen amosa "unha nula sensibilidade e capacidade de colaboración", e engaden, "o concello non só non programa senón que dificulta que outros o poidan facer".
Ante esta situación, desde o BNG anuncian que levarán a pleno unha moción para a actualización da Ordenanza Reguladoras das Taxas polo Aproveitamento ou Utilización da Vía Pública e exonerar a aquelas organizacións, asociacións ou colectivos que organicen eventos ou campañas sen ánimo de lucro na vía pública. Cuestión que xa foi debatida no seu día en pleno e que concituou o apoio unánime de toda a corporación, incluído o de Democracia Ourensana, quen agora, e unha vez máis, incumpre un acordo plenario.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
PRIMERA FEDERACIÓN
Una victoria para terminar el año del Arenteiro
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
UNA VIDA DE COLECCIÓN (VIII)
Cuando lo importante es tirar y bailar bien