Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
Noa Presas, cabeza de lista do BNG por Ourense, aposta por un novo modelo enerxético, “cada vez máis renovable”, para garantir que unha parte dos beneficios queden no territorio onde se producen. Con iso cre que se pode compensar o impacto que supón. Nun acto no encoro de Castrelo de Miño, Presas comprometeuse a que o liderado no sector en Ourense supoña “desenvolvemento económico e social para beneficiar á xente por riba das grandes eléctricas” a partir do 18-F.
No acto de Castrelo estivo acompañada por militantes e simpatizantes da comarca do Ribeiro así como membros da candidatura do BNG por Ourense: Laura Pérez, Xurxo Rodríguez, Ramón Seoane e Noelia Currás.
Segundo os datos dados a coñecer polo BNG, que recolle estatísticas de Red Eléctrica Española, “Galiza exportou máis de 40,5% da electricidade xerada en 2022 e Ourense concentra o 50% da gran hidráulica sendo o territorio de Galiza que máis potencia instalada ten e a que máis produce”.
A este respecto, salienta Noa Presas, “Ourense xera aproximadamente o 70% da produción hidráulica de Galiza mais, a pesar destes datos, continuamos a ser a zona do país máis empobrecida: a que ten peores indicadores sociais, económicos e demográficos”. A candidata fixo fincapé en que nas eleccións do 18 de febreiro “xogámonos tamén que modelo enerxético queremos”. Polo tanto, segundo Presas, “o BNG impulsará un novo modelo enerxético que sexa galego, sostible e que deixe beneficios no país. Galiza contribúe xa decisivamente á loita contra o cambio climático e a un modelo enerxético cada vez máis renovable e queremos que así siga sendo, mais non podemos consentir que o modelo sexa ao servizo dos grandes lobbys enerxéticos e contra a xente” reivindica Presas.
En opinión da cabeza de lista do BNG por Ourense, é preciso impulsar unha nova ordenación e un novo modelo, que permita garantir que “unha parte dos beneficios queda no territorio para compensar o impacto”. Do mesmo xeito, comprometeuse a impulsar unha empresa pública de enerxía que aglutine a participación pública do sector en todas as tecnoloxías, da hidráulica á solar ou eólica”. n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
SE SOLIDARIZAN DESDE TODO EL PAÍS
Luis Rivera, presidente del Centro Comercial Aberto Ourense Centro: “No podemos perder más músculo comercial”
HUELGA SANITARIA
Batas en la puerta del CHUO
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva
AGRESIÓN SEXUAL EN OURENSE
Ratificados los 13 años por violar y “cosificar” a su expareja en Ourense: "Te voy a follar cuando quiera"