Os Bolechas inician o sábado a xira co espectáculo de Nadal
NADAL
A Caravana, co R4 e o autobús, inclúe talleres, xogos, cine e actividades gratuítas para toda a familia
O vindeiro sábado é a data marcada para que a familia de irmáns máis coñecida entre os cativos galegos inicie este Nadal o percorrido por varias localidades galegas da da Rede de Dinamización Lingüística nunha xira apoiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Televisión de Galicia. A Xira de Nadal 2015 dos Bolechas arrancará o 26 de decembro en Viveiro e pasará por Narón (día 27), As Pontes (o 29), Foz (2 de xaneiro) e Verín (día 3) para rematar o día 4 de xaneiro en Allariz. En todas as vilas estará de 12.30 a 14.30 e de 16.30 a 20.30 horas, excepto en Allariz, onde estará de 12,30 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 horas. Por suposto, non faltarán Os Bolechas corpóreos, que estarán presentes en todas as localidades a partir das 17,00 horas.
Ademais, a Caravana inclúe o R4 e o espectacular autobús de dúas plantas, onde os pequenos seguidores desta familia poderán gozar de multitude de actividades totalmente de balde. No primeiro andar do autobús estará instalada a ludoteca con todo tipo de xogos para divertirse e aprender ao máis puro estilo "Bolechas", así como material para manualidades, libros e ordenadores onde acceder a multitude de intormación e xogos. A segunda planta conta cunha sala de cine dotada con todo o necesario para ver Os Bolechas. Ademais realizaranse talleres de debuxo e diversas iniciativas relacionadas coas artes plásticas.
Asemade, todos os que visiten a Caravana dos Bolechas e cubran a tarxeta que se facilita na mesma, entrarán no sorteo de dous regalos, que consistirán en dous cursos de inglés e dous lotes de libros dos Bolechas. E entre todos os participantes na Xira sortearase tamén un gran premio final consistente nun lote de cen libros dos Bolechas.
Debido ao éxito do pasado ano, a Caravana de Nadal volve a incluír unha Tenda dos Bolechas onde se poderán adquirir todos os produtos da marca, entre eles os novos libros dos personaxes que levan un peluche de agasallo e que están a ser o gran éxito deste Nadal, ademis dos libros de formato clásico.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
IMPACTA UN DRON CON UNA MOTOCICLETA
Al menos cinco muertos en nuevos ataques israelíes en el sur del Líbano pese a la tregua