CANDIDATURA A PATRIMONIO MUNDIAL
De Armenia a Vietnam: los 21 países que decidirán el futuro de la Ribeira Sacra
A Asociación Xuvenil Amencer presentou a edición número 27 do seu Campamento Urbano, unha institución no ocio infantil e xuvenil dos veráns de Ourense. Está destinado a escolares de entre 8 e 16 anos, que poderán participar nas actividades de forma gratuíta e con inscrición previa. Para maiores de 16, Amencer prepara o campamento xuvenil, con actividades pola noitiña. A inscrición ós dous poderá facerse de forma presencial no local da asociación situado no colexio salesiano, ou de forma telemática. Xulio César Iglesias, xerente de Amencer, explicaba que “dende hai 27 veráns convidamos á pazada e á mocidade a pasar uns días xuntos, descubri a cidade e aprender valores coma cidadanía ou solidariedade”.
Ata o comezo das actividades, que serán do 1 ó 13 de agosto, o voluntariado de Amencer buscará tamén patrocinadores para o campamento, que cada ano recibe aportacións de más de 100 pequenas empresas de Ourense para que poida celebrarse. Hoxe ás 18,00 horas celebrarán un encontro preparatorio cos voluntarios para perfilar as actividades.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CANDIDATURA A PATRIMONIO MUNDIAL
De Armenia a Vietnam: los 21 países que decidirán el futuro de la Ribeira Sacra
PATRIMONIO DE LA HUMANIDAD
Bum inmobiliario: la compraventa de vivienda en la Ribeira Sacra se duplica en la última década
Lo último
DÍA INTERNACIONAL DEL ORGULLO
Alfredo y Benjamín, refugiados LGTBI+ en España: "En Guatemala no éramos libres. Teníamos que vivir ocultos"