ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
O Concello de Coles acaba de licitar a reforma do campo de fútbol de Barra de Miño, unha obra que custará máis de 85.000 euros e que traerá cambios substanciais neste espazo, o principal, a construción de aseos para o público que acuda ao campo. Ademais, tamén está previsto a ampliación do terreo de xogo, a ampliación dos vestiarios ou a renovación das luminarias, cambiando os actuais halóxenos por iluminación LED.
No que respecta aos novos aseos, construirase un pequeno bloque no que haberá un baño para homes e outro para mulleres e persoas con mobilidade reducida. Para dar servizo ao recinto deportivo e conectar a rede de saneamento ao colector xeral municipal, será necesario prolongar a actual canalización un tramo de 20 metros de lonxitude; e para mellorar o servizo de abastecemento actual desde a rede principal será necesaria a realización dun novo ramal de abastecemento, xa que o tubo actual está nun moi mal estado e é moi antigo.
Ademais, tamén se contemplan outras actuacións como a pavimentación da superficie existente entre os vestiarios e o terreo de xogo, dotando a esta contorna dunha zona saneada, para que en época de choivas non se forme barro á entrada dos vestiarios ou da oficina. Para poder aumentar as dimensións do campo, en concreto o ancho do mesmo, proponse realizar unha escavación de desmonte no noiro existente e, por último, preténdese colocar uns vestiarios prefabricados anexos aos actuais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último