UN LUGAR DIFERENTE
El manual de longevidad de los centenarios ourensanos
UNIVERSITAS
Arredor de 70 estudantes e 13 proxectos que serven para amosar as súas capacidades tanto tecnolóxicas como organizativas e para demostrar o que son quen de facer os alumnos e alumnas que este ano rematan o Grao en Enxeñaría de Telecomunicación. Detrás desta mostra está o profesor Carlos Mosquera, que decidiu o ano pasado converter a materia que imparte nun laboratorio real de proxectos. Divididos en grupos de cinco ou seis persoas e coa titorización de dous docentes, levan tres meses traballando nun produto, aplicación ou sistema innovador que será do que dependa a súa nota final. Nesta segunda edición do que se denomina LPRO Days o docente involucrou a 20 profesores do centro que axudan e avalían os traballos dos grupos e tamén introduciu algunhas novidades, xa que todos dos grupos son multidisciplinares, con estudantes de polo menos dúas especialidades do grao.
Comezaron coas presentación orais e días despois expuxeron os seus proxectos nos corredores do centro, atendendo as preguntas e dúbidas doutros compañeiros e docentes. Carlos Mosquera destaca que este tipo de iniciativas permiten mellorar competencias transversais como o traballo en grupo, a comunicación, etc, pero tamén lles "axuda a subir a autoestima, a comprobar o que son capaces de facer cos coñecementos que teñen". O docente explica que o ano pasado, pese a ser a experiencia piloto, algunha das propostas transcendeu máis aló desta actividade e entrou na convocatoria de Galicia Open Future.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UN LUGAR DIFERENTE
El manual de longevidad de los centenarios ourensanos
ÚLTIMA JORNADA
3.200 consultas anuladas por la huelga de médicos en Ourense
UN HELICÓPTERO MEDICALIZADO
Un herido tras ceder el suelo de su vivienda en Castro Caldelas
INVADIÓ EL CARRIL CONTRARIO
Condenada tras provocar un accidente en Ourense cuando iba drogada
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
FIESTA GASTRONÓMICA
A disfrutar del “xantar da cachucha”
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 21 de febrero?